Benvidos áo blog ECOMAX, a páxina de ecoloxía, ciencia e cultura do colexio diocesano San Lorenzo de Lugo.


Image
Proxecto

Mestura de disolucións e matemáticas

Este pequeno proxecto consiste en preparar disolucións e resolver sistemas de ecuacións. Resulta que dan ben estas matemáticas coa química. Así que, se miras detrás deste enlace verás o xeito de resolves situacións coma a de conseguir rebaixar a riqueza en azucre dunha disolución empregando outra máis pobre. O mesmo se podería facer con alcol, sal...


por Administrador

Image
Proxecto

Detección de glucosa

Neste breve proxecto explicamos como detectar glúcidos redutores en disolucións. Por exemplo, con este método poderiamos detectar glicosa nunha mostra, como fan nos laboratorios para detectar a diabete. Para elo empregamos unha reacción que cambia de cor: a reacción de Benedict.
Pulsa sobre esta introdución para continuar lendo.


por Administrador

Image
Proxecto

Árbores senlleiras en Lugo

Damos comezo a un proxecto de investigación colectiva cos alumnos de Matemáticas de 1º de Bacharelato. Chámase "Árbores senlleiras en Lugo" e consiste en recompilar información mediante a aplicación Peneira (do CESGA - Xunta de Galicia) e despois procesala e sacar conclusións sobre onde están, que aspecto teñen e por que son singulares. Tamén faremos unha análise crítica do xeito no que se desenvolveu o estudo.

Se picas sobre esta introdución accederás a máis información sobre o proxecto.


por Administrador

Image
Proxecto

Comentarios discriminatorios, racistas e sexistas


Este proxecto trata de recompilar comentarios e frases discriminatorias para, logo, facer uns test que permitan valorar o grao en que fallamos neste asunto. Fai clic nesta entrada e colabora coa túa aportación. Deixa os teus comentarios no Padlet que compartimos contigo. Anticipáchosche as grazas e agardamos ter feita unha análise que publicaremos en breve para ir sacando conclusións sobre este experimento sociolóxico.


por Administrador